Uns aparellos de ximnasia espertan recelos en Berán

O portavoz socialista na Entidade Local Menor de Berán, Tomás Lorenzo, expresou o seu malestar “pola falta de respeto que ten o Concello de Leiro para coa localidade da que formamos parte. O vocal do PSOE apuntou que “nos pasados días, na zona da parroquia de San Roque apareceron uns aparellos de ximnasia para a xente maior, e cando lle preguntei o presidente da entidade, José Luis Rodríguez, este descoñecía totalmente a súa procedencia'.
Tomás Lorenzo pide que “se respeten as competencias, xa que o Concello pretende apropiarse da zona de San Roque, e por iso esixiremos a inmediata retirada de ditos aparellos, e que lles busques o lugar máis axeitado para a súa ubicación'.
O alcalde de Leiro, o “popular' Francisco José Fernández, indicou que “se os socialistas non queren avances para os veciños de Berán, que o soliciten por escrito no Concello'. O rexedor do PP engadiu que “non imos ter ningún problema en tomar unha decisión en consecuencia'.

Te puede interesar