Seguridad

A Valedora pide un informe municipal sobre o parque infantil de Carballiño

Dende Podemos reclamaran que se avaliase a seguridade do novo parque infantil da Alameda 

A Valedora do Pobo admite en parte a reclamación que presentou Podemos relativa á suposta inseguridade nos parque infantís do Carballiño. Deste xeito, a institución comunícalle ao denunciante que inicia as actuacións oportunas ante o concello e requírelle que no prazo de 15 días lle remita información sobre os problemas que motivan a queixa en relación ao cumprimento das medidas de seguridade nos parques infantís. 

Engade a Valedora do Pobo que tan pronto dispoña do preceptivo informe que ese órgano ten que remitir contactará de novo coa formación que reclama para darlle conta da actuación ao respecto.

Dada a disconformidade do Círculo de Podemos coas instalacións e medidas de seguridade do novo parque infantil da Alameda do Carballiño, demanda da Valedora do Pobo que proceda a solicitar ao concello os expedientes e proxectos de obra para auditar os mesmos e saber si cumpren coa normativa vixente en medidas de seguridade. A institución, neste caso, insta a esta formación política a que promova dita reclamación, e se nun tempo prudencial a administración afectada non lle responde, ou se a resposta non fora axeitada, entón podería acudir novamente a esta institución.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, declarou que o concello non recibiu ningunha reclamación por parte da Valedora do Pobo, "cando llegue mandaráselle a documentación que pida", insistiendo en que o parque infantil cumple coa normativa de seguridade.

Te puede interesar