Os veciños do rural quéixanse da maleza en espazos públicos

Maleza
photo_camera Un neno de Señorín oculto pola maleza do parque infantil

As queixas dos veciños de diferentes localidades do rural do Carballiño por causa da abundante maleza que invade os espazos públicos levaron ó grupo municipal socialista a trasladarse onte ata Señorín para chamar a atención sobre esta problemática

As queixas dos veciños de diferentes localidades do rural do Carballiño por causa da abundante maleza que invade os espazos públicos levaron ó grupo municipal socialista a trasladarse onte ata Señorín para chamar a atención sobre esta problemática. Os socialistas elexiron como mostra unha área de recreo de dita localidade que ten un pequeno parque infantil, que se atopa completamente oculto pola maleza.

Un veciño de Señorín manifestaba que "hai días que aquí se xuntaban ata 20 rapaces para xogar, hoxe é imposible". O portavoz do PSdeG, Francisco Fumega, sinalaba que esa situación é xeneralizada prácticamente en todo o rural e que as queixas van en aumento precisamente agora que os rapaces están xa de vacacións.

O portavoz socialista considerou “intolerable” que sexan os veciños os que teñan que limpar a maleza para poder utilizar as áreas recreativas ou as estradas, ante o abandono do goberno municipal. Por elo reclama ó alcalde, Argimiro Marnotes, que poña en marcha de xeito inmediato un plan de choque para a limpeza dos núcleos do rural “xa que é un servizo que ten que prestar o Concello”.

“Os cidadáns cada vez pagan máis taxas municipais e teñen menos servizos”, lembrou Fumega, á vez que lamentou que “a única limpeza que fai o goberno do PP é a dos petos dos cidadáns, que teñen que pagar máis polo IBI, o lixo, os vados, o conservatorio ou as escolas deportivas”.

Fontes do goberno local indicaron que en vindeiros días informarán sobre o plan que teñen previsto para levar a cabo a limpeza de maleza no medio rural.

Te puede interesar