o carballiño

Veciños de Loeda reclaman o arranxo da igrexa de San Paio

san paio piñor
photo_camera Igrexa de San Paio de Loeda, no municipio de Piñor.
A igrexa, datada no século XII, forma parte dunha das rutas do Camiño de Santiago

Veciños de Loeda, no Concello de Piñor, queren chamar a atención sobre o completo abandono da igrexa vella de San Paio. Lembran que se debería ter en conta que este concello é integrante dunha das rutas do Camiño de Santiago, cuestión a salientar tendo en conta a proximidade do ano Xacobeo 2021.

Aseguran que a cuberta e portas desta igrexa, datada no século XII e de alto valor histórico e patrimonial, están derrubados sobre o chan da mesma. Esta situación ruinosa supón a exposición do interior (retablos, frescos, etc.) aos fenómenos metereolóxicos , ao ataque da fauna (paxaros, gatos, cans...) e á espoliación patrimonial, entre outros males. "A pesares das continuas e persistentes notificacións e reclamacións á institución eclesiástica, esta está deixando que a igrexa se bote a perder, sen remediar o continuo deterioro que está a experimentar desde hai anos", sinalan os veciños, e insisten en que "de non poñerlle remedio, perderemos parte do noso benquerido patrimonio que perviviu durante séculos e que só nuns anos podería desaparecer". Por iso, os veciños queren transmitir á cidadanía o seu malestar ante esta situación.

Te puede interesar