Os veciños reivindican as obras do Mosteiro con misa e xantar

A romaría de San Xudas Tadeo que os veciños da parroquia carballiñesa de Lobás viñan celebrando para reivindicar a restauración do antigo mosteiro remata hoxe cunha romaría, que inclúe procesión, misa e xantar popular.
As reivindicacións dos veciños da parroquia carballiñesa de Lobás para conquerir as obras de restauración do mosteiro benedictino -do século XIIIplasmáronse neste mes coa celebración dunha novena adicada a San Xudas Tadeo, considerado coma ‘o patrón dos imposibles’. Unha media de 40 persoas acudiu ós oficios relixiosos na mesma capela do Mosteiro de Lobás, na que se garda unha imaxe do santo.

O programa rematará hoxe cunha procesión de San Xudas e unha misa -ás 13.00 horaspresidida polo párroco de Lobás e outros sacerdotes da comarca carballiñesa e do resto da provincia. A romaría reivindicativa continuará cun xantar popular no adro do mosteiro, que se trasladará a una casa de turismo rural en caso de choiva.

Te puede interesar