A Veracruz acolle o festival Outros Países, Outras Músicas de Carballiño

O coro música viva do Carballiño conta este ano coa coral polifónica Campo Lameiro e o coro Ludus Tonalis

A Coral Polifónica Campo Lameiro, de Pontevedra; o Coro de Cámara Ludus Tonalis, da Coruña, e o Coro de Cámara Música Viva do Carballiño, conforman o cartel do 5º Festival Outros Países, Outras Músicas, que promove o Coro Música Viva, en colaboración co Concello do Carballiño, a Deputación Provincial de Ourense e a Federación de Corais de Galicia. O evento celebrarase no Templo da Veracruz este próximo sábado, ás 20,30 horas.

O presidente da agrupación organizadora, Antonio Rey Cornide, asegurou que se establece un protocolo estricto, como é gardar a distancia entre coralistas de 1,5 metros, e entre os coros e o público de 3 metros, así como o uso de xel hidroalcólico para o lavado de mans dos asistentes, uso de máscara e separación.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, destacou a consolidación deste festival no calendario cultural do Carballiño, así como o feito de que se poidan escoitar músicas de todo o mundo nun marco como é o Templo da Veracruz.

Rey Cornide referiuse ao coro Campo Lameiro, dirixido por Sofía Bouzada Pérez, cun bagaxe importante dentro e fóra de Galicia e un repertorio de diferentes estilos; ao Coro de Cámara Ludus Tonalis da Coruña, dirixido por Ruper Twine, que ofrece música medieval e sobre todo renacentista e tamén ao director do Coro Música Viva desde fai máis dun ano, Miguel Sáez Sotelo, que é pianista. 

Te puede interesar