A Veracruz do Carballiño acollerá un enfrentamento de hip-hop

A Veracruz será un dos monumentos que se visitarán durante o roteiro.
photo_camera A Veracruz

O enfrentamento de hip-hop está organizado pola Concellería de Cultura e un grupo de mozos, e contará con máis de 20 participantes

O Carballiño acollerá o próximo 25 de febrero, na Praza da Veracruz,  un espectáculo único onde se enfrontan participantes ó estilo dos regueifeiros usando o hip-hop como ferramenta. Na víspera do Domingo de Piñata e da Festa da Cachucha, ás 17,00 horas, terá lugar un novo evento, un enfrontamento argumental improvisado no que se valora a improvisación, a calidade das rimas, a musicalidade e os recursos literarios. A temática é moi ampla, sobre todo de temas de actualidade. 

A organización corre a cargo da Concellería de Cultura en colaboración cun grupo de mozos vinculados a este eido, entre os que destaca Yeray Herrera, un mozo carballiñés chamado a ser un dos grandes MCs de Galicia que , ademáis de participante, é a “Alma Mater” do evento xunto co gran “speaker” Claudinho, que será o condutor do evento.

O periodo de inscricións xa está aberto e se pechará no momento do comezo do evento, polo que poderá facerse presencialmente, pero tamén está habilitado o enderezo electrónico [email protected] e a conta de Instagram Carb.Battles . Dende a organización sinalan que xa hai xente apuntada das catro provincias, polo que consideran que pasarán da vintena de participantes de diferentes idades. Tamén salientan que a idea é consolidar este evento na vila e que ademais dos galardóns dos tres primeiros gañadores, todos os participantes recibirán un agasallo.

Te puede interesar