O CARBALLIÑO

A vila promociónase en “Expocidades" de Braga

20190530194745066_result
photo_camera A igrexa da Veracruz é unha das imaxes que se recolle en folletos e no vídeo turístico.

Conta cun espacio no que se dará a coñecer o seu potencial turístico

n n n  O Concello do Carballiño contará cun stand propio na feira de turismo "Expocidades", que organiza o Eixo Atlántico na cidade portuguesa de Braga durante esta fin de semana. Vintecinco cidades, vilas e deputacións provinciais de Galicia e Portugal estarán representadas nesta feira que comeza  hoxe e remata o próximo domingo, 2 de xuño.

Da provincia de Ourense haberá stands do Carballiño, Ourense capital e a Eurocidade Chaves-Verín.

A área de Turismo do Concello do Carballiño acude a esta feira co obxectivo de promocionar os recursos turísticos da vila e do municipio, como son os dous balnearios, As Caldas de Partovia e o Gran Balneario; a gastronomía orientada sobre todo ao pulpo á feira; o patrimonio natural e monumental,  destacando a igrexa da Veracruz, o Parque municipal e a área etnográfica; as grandes celebracións festivas como a Festa do Pulpo, na que o desenvolvemento de actividades e espectáculos prolóngase durante máis de quince días; o Entroido de Verán e a Feira medieval A Liorta; tamén os aloxamentos en hoteis e casas de turismo rural, así como no camping municipal e bungalows.

Ademais dos tradicionais folletos divulgativos que recollen información e fotografías de todos estes recursos, o stand do concello

contará cunha pantalla de plasma na que se reproducirá o vídeo "O Carballiño, Vila Turística", gravado con drons en alta definición, e que leva máis de 70.000 reproducións en Faceboock en menos dun mes.

O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, visitarán a feira  durante a xornada de hoxe, onde participarán en diversos actos, así como en programas de radio.

Os responsables municipais aproveitan que se acaba de poñer en circulación este vídeo realizado por unha empresa especializada para reforzar a promoción do concello no exterior, neste caso no país veciño de Portugal

Te puede interesar