aniversario

Chamoso Lamas: Vintecinco anos de investigación

<p></p>
photo_camera Os membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas durante unha recente reunión.
O Centro de Estudios Chamoso Lamas celebra os seus 25 anos dedicados á investigación no Carballiño e O Ribeiro. Son 26 socios, pero aínda teñen baleiras as ramas de Musicoloxía, Literatura e Termalismo.

O Centro de Estudios Chamoso Lamas celebra os seus 25 anos dedicados á investigación nas comarcas de Carballiño e O Ribeiro. Habían empezado sendo ao redor de oito socios e na actualidade suman 26, contando ademais con numerosos colaboradores e outros investigadores cos que desenvolven traballos puntuais, moitos deles das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e a UNED.

O Centro de Estudios traballa dividido nas seccións de Arqueoloxía, Historia Medieval de Arte, Historia Moderna, Xeografía e Clima, que ao longo destes 25 anos levan desenvolvido numerosos traballos de investigación, organizado congresos ao mesmo tempo que editan libros e revistas, nos que se recolle unha ampla e detallada información que abarca desde o Miño ata os montes do Testeiro, e desde o Barbantiño á Serra da Martiñá nas diferentes vertientes de investigación. Aínda así, a entidade ten algunhas ramas pendientes que lle gustaría cubrir con novos socios. Nese sentido, apuntaba o secretario, Miguel García, que teñen baleiros os campos da Literatura, a Musicoloxía e tamén o Termalismo desde o falecemento de Luis Míguez.

"Toda investigación ten sempre repercusións no desenrolo social e incluso a nivel pedagóxico, xa que os escolares dispoñen dunha bibliografía para consultar das dúas comarcas", sinala Miguel García.

Xa levan publicados 10 números da revista Argentarium e 11 actas das ponencias dos seus congresos bianuais, ademais de varios libros, o último de Jorge Lamas sobre os cemiterios na prehistoria. Nesta sección os achados de petroglifos e mámoas son impresionantes. Outro completo traballo que o Centro de Estudios quere publicar ten que ver co románico, estudiado por Rafael Tobío.

En Historia Medieval, o presidente, José Luis Sobrado, tamén publicou un libro sobre as granxas e adegas monacales; e no apartado de Xeografía, os estudos dos muíños e das fábricas de papel e enerxía eléctrica abarcan desde o século XV.

Miguel García sinala que dispoñen dunha serie climatolóxica de 35 anos, con datos de temperatura, vento, humidade e irradiación, entre outros; e outra de 30 anos de fenoloxía, o estudo do clima a partir das plantas e dos animais. Neste momento están investigando os motivos das oscilacións na floración das mimosas de ata dous meses de unhos anos a outros; e como as fontes da Madanela manteñen estable ao río Arenteiro pese as sequías e ao aumento do consumo de auga durante o verán.

Te puede interesar