FESTA DO PULPO

Xesús Carballido realizará o cartaz da 54 Festa do Pulpo

O artista carballiñés Xesús Carballido será o deseñador do cartaz promocional da 54 edición da Festa do Pulpo, que se celebrará o 14 de agosto no Parque municipal do Carballiño.

Carballido foi o autor dos cartaces das últimas dúas edicións, e co deseño deste ano finalizará o compromiso que asumiu co concello durante un trienio, dando paso a novos artistas e deseñadores.  
O obxectivo do concello é incentivar a implicación e colaboración dos deseñadores locais coa promoción da Festa do Pulpo. 

Ata o ano 2013, o cartaz da Festa do Pulpo foi elaborado por Felipe Senén, e con anterioridade, dende a creación da festa, polo seu pai, Felipe Luis López, coa única salvedade dalgún ano no que o motivo do cartaz foron fotografías tomadas na propia Festa do Pulpo. Así que, con Xesús Carballido rematou esta tradición familiar, con dous estilos gráficos e pictóricos ben diferenciados pero moi definidos da imaxe promocional da Festa do Pulpo, que volveu cambiar hai dous anos cos collage de Xesús Carballido, que é tamén o autor da escultura “Muntem” da Praza do Emigrante.

PRESENTACIÓN

O cartaz e a tarxeta desta próxima edición, que fai a número 54, estarán confeccionados e editados no mes de xuño, para poder ser presentados e difundirse en todos os actos que se programen para promocionar a festa.

O concello traballa xa na programación de actividades que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto, durante as semanas previas a celebración.

Te puede interesar