Unha xornada festiva reuniu ás asociacións de mulleres rurais

Xosé Francisco Ferreiro e Carme Adán, no xantar das mulleres rurais.
Dúascentas afiliadas ás asociaciós de mulleres rurais da comarca participaron onte no Carballiño nunha xornada de confraternidade organizada pola federación provincial, na que tiveron teatro, xantar e un animado baile.
A Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) organizou onte na vila do Arenteiro unha xornada de lecer para as afiliadas ás 10 asociacións existentes na comarca carballiñesa.

As máis de 200 participantes nesta celebración comezaron as actividades ó mediodía como espectadoras da obra de teatro ’Roma, unha tolería’, escenificada polo grupo afecionado Tiruleque no auditorio do Centro Social do Carballiño.

A continuación, desprazáronse ata o restaurante O Pote, no Parque municipal, para disfrutar dun xantar de confraternidade, ó que asistiron a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, o delegado provincial de Vicepresidencia, Xosé Francisco Ferreiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Asunción Rivero. No mesmo establecemento, a festa rematou cun animado baile.

Te puede interesar