Oito xóvenes de Piñor melloran a calidade de vida dos maiores

O equipo de goberno do Concello de Piñor puxo onte en marcha o programa de voluntariado 'Actívate', co obxectivo de promocionar o envellecemento activo e a protección social das persoas maiores) do municipio. Iste plan, que se desenvolverá ata o 15 de outubro, consiste na creación dunha rede xuvenil de voluntarios que axuda ós maiores a afrontar o seu proceso de envellecemento para que se sintan plenamente integrados na sociedade.
Os destinatarios son persoas maiores que viven soas e contan con dificultades para a autonomía persoal e tamén aquelas outras que poden comprender o mundo das novas tecnoloxías, coma o uso do ordenador, internet ou o manexo do teléfono móbil para relacionarse socialmente. En cada un destes casos, serán catro os voluntarios (un total de oito) que o Concello de Piñor pon á disposición dos veciños de máis de 65 anos de idade.


INTERNET

Actividades tales como xogos de naipes, ximnasia, conversas, aprendizaxe do manexo de electrodomésticos, configuran entre outras, o programa de axuda nos fogares da xente maior do municipio. Asemade, a aula de internet municipal permanecerá aberta de 18,00 a 20,30 horas, para que tódolos maiores que o desexen poidan acudir a familiarizarse coas novas tecnoloxías. O programa 'Actívate' está integrado no Servizo de Voluntariado municipal.

Te puede interesar