tribunais

O xuiz anula o despedimento polo Concello do monitor de tenis de Carballiño

"O traballador pasa a ser traballador do Concello e na condición de indefinido", afirma o PP

O Concello do Carballiño acaba de recibir unha sentenza que falla despedimento nulo do monitor de tenis da escola municipal. O grupo popular considera que "foi determinante no fallo as represarias do Concello co traballador e a metedura de pata do Concello, xa denunciada polo PP recentemente, de facilitar que seguira dando clases por medio dunha empresa que se prestou a elo". A sentenza sinala a nulidade do despedimento por perda de dereito fundamental de garantía de indemnidade, "polo que este traballador pasa a ser traballador do Concello e na condición de indefinido", afirma o PP. 

Te puede interesar