reformas

Cultura saca a licitación obras en Oseira por 800.000 euros

2014021023100619619
photo_camera El monasterio de Oseira.

Os servizos técnicos da Consellería están a redactar o plan director para a conservación do mosteiro

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a licitación do contrato de obras para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, no municipio de San Cristovo de Cea, as primeiras contempladas no plan director que a Consellería de Cultura está a desenvolver para a rehabilitación e mantemento global deste monumento.

Os traballos están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), cun importe total da licitacion cifrado en 791.945 euros, e un prazo de execución máximo previsto de seis meses, contado a partir da data da adxudicación, e cunha distribución orzamentaria en dúas anualidades, correspondendo 150.470 euros ó presente ano e 641.475 euros para 2018.

As actuacións previstas como prioritarias para acometer por fases inclúen obras de limpeza e mellora na cuberta, na carpintería, en diferentes portas do conxunto, nos parámetros e nas pinturas murais principalmente, así como a mellora das condicións ambientais dalgunhas partes do monumento. Así mesmo, substituirase a cuberta que conecta o claustro dos Pináculos co dos Medallóns, que é a que se atopa en peor estado, xa que presenta filtracións continuas de auga da choiva que provocaron o deterioro das portas históricas dos espazos situados no nivel inferior. Tamén se reporá toda a carpintería da fachada principal e realizaranse traballos varios de limpeza, restauración de verxas, pintado e iluminación e repararase a fonte do Claustro de Cabaleiros, según apuntaron fontes da Consellería de Cultura. 

Asemade, os técnicos deste departamento están a traballar nun documento para a redacción dun plan director do monumento, tal e como anunciara o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na súa visita ó mosteiro en 2016. 

Un atractivo turístico para a contorna

O obxectivo da intervención que vén de licitar a Consellería de Cultura é velar pola conservación deste senlleiro mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural, e que constitúe ademais un importante atractivo cultural e turístico para a súa contorna.

O antiguo cenobio cisterciense, construído no século XI, recibe cada ano a miles de visitantes, sendo a meirande parte peregrinos que se desvían da Ruta da Prata, entre os municipios de Cea e Piñor, e que xeralmente pernoctan na hospedería que poseen os monxes, que conta con 14 habitacións e 30 prazas.

Son precisamente os turistas os que manteñen económicamente o mosteiro, e que ademaisde realizar o percorrido polo seu interior, teñen a oportunidade de adquirir os productos artesanais que ofrecen  os monjes, como repostería, licores ou queixos. 

Te puede interesar