O xurado falla este sábado o Premio Antón Losada Diéguez

Nesta XXXVI edición foron presentadas para optar ao galardón na modalidade de creación literaria 30 obras, e na modalidade de investigación e ensaio, optarán ao premio 18 traballos

O xurado do Premio Antón Losada Diéguez reunirase mañá co fin de tomar a decisión de quen serán os galardoados na súa XXXVI edición. O debate terá lugar ás 11,00 horas no salón de plenos do Concello do Carballiño.

Este xurado estará presidido polo concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño, Diego Fernández Nogueira, e composto ademais por un representante nomeado por cada unha das institucións culturais que en todas as edicións participan: Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego, Deputación de Ourense e das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e Concello de Boborás.

Nesta XXXVI edición foron presentadas para optar ao galardón na modalidade de creación literaria 30 obras, e na modalidade de investigación e ensaio, optarán ao premio 18 traballos. Estes premios promovidos polos concellos do Carballiño e Boborás xunto coa Deputación de Ourense, serán entregados o vindeiro 12 de xuño no Pazo de Moldes, nun acto tradicional como todos os anos se vén celebrando.

Te puede interesar