O RIBEIRO

185 carteis compiten por anunciar a Feira do Viño

Este xives reúnese o xurado na sede do Consello Regulador para decidir o gañador

Un total de 185 carteis procedentes do territorio nacional e algúns internacionais optan a ser elexidos para anunciar a 56ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará en Ribadavia do 3 ao 5 do próximo mes de maio. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia, coorganizadores da feira, repiten a fórmula do concurso para a elección do cartel. Nesta edición participan artistas de renome, axencias, deseñadores gráficos así como afeccionados que a través deste concurso poderían atopar unha ferramenta para a difusión da súa obra.

Este xives reúnese o xurado na sede do Consello Regulador para tomar unha decisión. Está integrado por Luis Vázquez, xerente do C.R.D.O. Ribeiro; María Touza, concelleira de Cultura de Ribadavia; Francisco Javier Pérez, da Asociación Gallega de Ferias e Eventos; Francisco Sánchez, deseñador gráfico; Jaime Díaz, de Incubarte, creatividad multicanal, e Rosiña Rojo, de Brétemas Estudio. O gañador, ademais de anunciar a feira, será premiado con 1.000 euros.

Te puede interesar