A OU-212 de Beariz terá unha calzada máis ancha

O contrato foi adxudicado á empresa Diagrama Ingenieria Galicia S.L. por máis de 18.000

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción de proxecto de acondicionamento da estrada autonómica OU-212, ao seu paso polo concello de Beariz, no treito que vai ata o desvío do núcleo do Alto do Couso.

O contrato foi adxudicado á empresa Diagrama Ingenieria Galicia S.L. por máis de 18.000

euros. O adxudicatario conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto. Esta actuación ten como obxectivo a execución das obras de ensanche e mellora do tramo da citada estrada. A redacción tamén deberá valorar a rectificación de curvas nas zonas onde sexa necesario.

Este novo traballo contratado polo departamento de Infraestruturas da Xunta seguirá, en liñas xerais, o mesmo criterio de deseño das obras executadas no seu momento entre o desvío do Alto do Couso e Avión. Trátase de mellorar a seguridade co ensanche da calzada e supresión de curvas.

Te puede interesar