politica

Alberto Dantas repite como candidato en Cortegada

O actual portavoz dos socialistas na oposición repite coma cabeza de lista como xa acontecera en 2015

A agrupación municipal socialista de Cortegada elixiu a Alberto Dantas Míguez como o seu candidato á alcaldía da localidade. O actual portavoz dos socialistas na oposición repite coma cabeza de lista como xa acontecera en 2015.

Alberto Dantas sinala que “Cortegada ten un problema moi grande co mal uso que se lle dá aos fondos públicos e gastos que realmente non repercuten posteriormente na veciñanza, como por exemplo ocorre co polígono industrial, que vai quedar coma un ser inerte, xa que non van vir empresas". Tamén critica a inversión de 600.000 euros no novo campo de fútbol "cando xa había outro (desfeito para facer o polígono) e que non se vai aproveitar porque cada vez hai menos xuventude”.

Alberto Dantas refírese ademais ás políticas sociais, matizando que de cada 100 euros, 70 corren a cargo da veciñanza e 30 do concello; e á casa comunitaria, que con 15 prazas, non cubre as necesidades reais de Cortegada, segundo sinala o candidato socialista.

Te puede interesar