O alcalde de Castrelo solicita reunión con Política Social

O alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez, solicitou no pasado mes de febreiro unha reunión coa conselleira de Política Social, Fabiola García, da que aínda non ten contestación. Por ese motivo, o rexedor está molesto pola recente visita que fixo a titular desta Consellería a unha das instalacións municipais, acompañada por dous concelleiros da oposición sen ter notificación algunha o alcalde. 

Esteban Suarez lémbralle ao PP de Galicia "que en periodo preelectoral non se debe facer uso das instalacións municipais cun obxectivo claramente partidista". Por último, Esteban Suárez insiste en convidar ao municipio a Fabiola García para ser recibida "e acompañada pola actual corporación municipal", asegurando que "pode visitar todas as instalacións municipais que xa están a funcionar con éxito desde hai anos co goberno do BNG".

Te puede interesar