O Ribeiro

O alcalde ribadaviense, satisfeito cos proxectos executados na vila

O Ribeiro

O alcalde ribadaviense, satisfeito cos proxectos executados na vila

César Fernández e Gabriel Alén.
photo_camera César Fernández e Gabriel Alén.
Gabriel Alén lembroulle o recente investimento de 1,1 millóns de euros na rehabilitación integral do IES O Ribeiro, e de 60.000 euros na mellora da Casa da Cultura

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo unha reunión co alcalde de Ribadavia, César Fernández, na que fixeron un balance dos proxectos executados e aprobados por parte de distintos departamentos autonómicos neste municipio. O encontro tivo lugar onte, véspera do pleno previsto para hoxe ás 12,00 horas, no que o goberno de César Fernández será sometido a unha moción de censura. 

Gabriel Alén lembroulle o recente investimento de 1,1 millóns de euros na rehabilitación integral do IES O Ribeiro, e de 60.000 euros na mellora da Casa da Cultura. Tamén a substitución da carpintería exterior da Casa do Concello, con 28.000 euros e a habilitación do punto limpo no lugar da Foz con case 32.000 euros. Ademais, referiuse á execución da brigada de protección e defensa do ambiente e espazos naturais ou o convenio de eficiencia enerxética por un importe de 40.000 euros. 

Tamén a Axencia Turismo de Galicia destinou case 80.000 euros para o proxecto de embelecemento do núcleo rural de Sanín e dentro do Plan Marco hai unha contribución de 26.351 euros, xunto coa pavimentación dos camiños municipais, cun total de 45.000 euros. 

Así mesmo, Gabriel Alén, trasladoulle o compromiso do Goberno galego cos grandes proxectos de futuro de Ribadavia como é o caso da reforma do Centro de Saúde con 351.500 euros, a aprobación do Plan hURBE co que se acometerá o embelecemento de Ventosela e a aprobación do novo PIR para a pavimentación de camiños.

Más en O Ribeiro