O pleno terá que aprobar o regulamento de honra para otorgarlle a máxima distinción ó académico

Alonso Montero, o primeiro fillo predilecto de Ribadavia

Xesús Alonso Montero, despois de recibir este ano o Premio Antón Losada Diéguez. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O grupo de goberno de Ribadavia traslada hoxe á correspondente comisión informativa a proposta de aprobación do primeiro regulamento de honra, co obxectivo inicial de nombrar fillo predilecto deste municipio a Xesús Alonso Montero, membro da Real Academia Galega, escritor e investigador, entre os seus moitos méritos.
A petición foi presentada ó Concello polo vicerrector da Universidade de Vigo, Xosé Enrique González Costas; o director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, Xosé Carlos Sierra, e o secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüistica de Galicia, Xosé González Martínez, basada na vinculación que Alonso Montero manten co Ribeiro, xa que pese a nacer en Vigo, criouse no pobo da Groba, en Ventosela.

O seu compromiso con Ribadavia sempre está presente, segundo indican os impulsores desta homenaxe, polos moitos traballos que ten relacionados coa viticultura, os estudios sobre autores da comarca, numerosos artigos e tamén por ser un dos impulsores da Mostra Internacional de Teatro. O pleno do último xoves de mes debatirá a proposta do regulamento, que no caso de aprobarse será exposto ó público para seguidamente abrir o correspondente expediente para otorgar a máxima distinción da capital do Ribeiro a Xesús Alonso Montero.

Entre tanto, os impulsores seguen recibindo numerosas adhesións por parte de institucións como a Deputación de Ourense, a Real Academia Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüistica, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univesitaria, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, a Fiscalía Superior d Galicia, Fundación Curros Enríquez e a Asociación Álvaro das Casas.

Te puede interesar