O alumeado alterno permite 15.000 euros anuais de aforro ó Concello de Cortegada

O Concello de Cortegada puxo en funcionamento o sistema de “alumeado alterno” neste mes. Dende as 12 da noite ata as 7 da mañá, o consumo reducirase un 50%. Este sistema, que xa está en marcha noutros concellos, considera o alcalde, Avelino de Francisco, que 'non priva aos veciños do servizo e, ao mesmo tempo, segundo un estudo inicial, fará aforrar ás arcas municipais uns 15.000 euros ó ano, que poderemos invertir noutras cousas máis necesarias'
Asemade, en consecuencia con esta política de aforro enerxético, o Concello non colocará alumeado de Nadal polas rúas de Cortegada. Únicamente se porá unha árbore navideña na entrada do edificio consistorial.
O rexidor agradece a comprensión dos veciños e o feito de seguir contando con eles, 'nesta difícil etapa económica', indicou.

Te puede interesar