o ribeiro

Alumnos do IES O Ribeiro expoñen fotos da súa comarca

A proposta de traballo foi que os alumnos fotografen a contorna na que transcorre a súa vida, á que pertencen e da que teñen unha experiencia propia

A Casa da Xuventude onde tamén está a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia, acolle desde o pasado 17 de xuño e ata o 31 de xullo, unha exposición do alumnado de plástica do IES O Ribeiro. O proxecto "O Meu Ribeiro" foi elexido dentro do programa "Fotografía en Curso" do Plan Proxecta pertencente a Xunta de Galicia. O instituto foi un dos centros elexidos pola Xunta para levar a cabo esta acción. So seis propostas de toda Galicia foron seleccionadas.

A proposta de traballo do IES O Ribeiro foi que os alumnos fotografen a súa comarca, a contorna na que transcorre a súa vida, á que pertencen e da que teñen unha experiencia propia.

Como fío condutor ou nexo que una esas visións persoais elexiuse a obra dun poeta da zona, Eladio Rodríguez, e a obra "Meu Ribeiro".

Te puede interesar