O Ribeiro

Os ambulantes, agradecidos a Ribadavia pola feira do luns

O Ribeiro

Feira

Os ambulantes, agradecidos a Ribadavia pola feira do luns

Máis de cen postos acudeno luns a esta feira quincenal

Os vendedores ambulantes autónomos das feiras da provincia de Ourense, representados por AGAA afirman estar "tremendamente agradecidos ao alcalde do Concello de Ribadavia pola súa implicación para adaptar a feira á nova normativa". Os responsables municipais xa teñen todo programado para recibir o próximo luns  aos máis de cen postos que habitualmente acuden a esta feira quincenal. 

"Non estamos dacordo ao 100% coa nova ubicación, pero entendemos que neste concello é a única alternativa para poder manter as medidas de seguridade", sinalan os vendedores, ao mesmo tempo que matizan que "esta nova ubicación será temporal, nós queremos volver a onde estábamos, unha vez remate a pandemia".

Coinciden co alcalde, César Fernández, en que "Ribadavia será o exemplo a seguir polo resto dos concellos da provincia" e recordan que "levamos 70 días sen poder traballar, se continuamos así arruinámonos".

Ademais, insisten en que "a nosa actividade está permitida dende o día 11 de maio e os concellos teñen o deber de contribuir á reactivación económica local, da que somos un motor importante", e instan aos restantes concellos a organizar as feiras co 100% dos postos.