SENTENCIA

Anulada unha sanción electoral imposta ao alcalde de Ribadavia

A resolución considera nula a decisión da Xunta de Ribadavia por vulnerar o dereito dos interesados á tutela xudicial efectiva, ocasionándolle indefensión.

A Xunta Electoral Provincial vén de estimar o recurso presentado polo alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, e polo concelleiro, Javier Iglesias, e de declarar a nulidade da resolución que os sancionaba en base a denuncia do Partido Popular nas pasadas eleccións xerais. A resolución considera nula a decisión da Xunta de Ribadavia por vulnerar o dereito dos interesados á tutela xudicial efectiva, ocasionándolle indefensión.

O PP denunciara a raíz do anuncio público dunhas melloras no parque empresarial despois de ser convocados os comicios. Desde o PSOE de Ribadavia queren recalcar que no seu día se acordou unha sanción completamente inxusta, pois só se facían eco dunhas axudas para cubrir unha necesidade do parque empresarial que, nin sequera, eran financiadas polo Concello. 

Te puede interesar