politica

Arnoia e Beade xa nomearon as súas xuntas de goberno locais

Ambos municipios xa dispoñen de xunta de goberno

Os municipios de Arnoia e Beade xa dispoñen de xunta de goberno e de substitutos na alcaldía en caso de ausencia dos respectivos presidentes de Corporación. Así, o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, do Partido Popular, xa fixo públicos de maneira oficial os nomeamentos dos tenentes de alcalde e da xunta de goberno local. A primeira tenente de alcalde será Purificación Domínguez Rey, mentres o segundo na orde executiva corrresponderá a Manuel Araújo Campo, según o decreto asinado polo rexedor. Por outra banda a xunta de goberno local, que presidirá o propio Rodrigo Aparicio, estará integrada polos concelleiros Purificación Domínguez Rey, Manuel Araújo Campo e Francisco Javier Sánchez Raña, tamén integrantes do equipo municipal de goberno do PP. Así mesmo, o equipo que dirixe o Concello de Arnoia acordou que esta Xunta de goberno celebrará sesións ordinarias os días 5 e 20 de cada mes.

Por outra banda, o rexedor de Beade, Senén Pousa, do PP, asinou o decreto de nomeamento da que será primeira tenente de alcalde, Susana Fernández Pousa, e dos membros da xunta de goberno local. Ésta estará integrada por Senén Pousa, a concelleira Susana Fernández e o edil Adán Formigo Sánchez, estes dous últimos tamén do PP. A xunta de goberno de Beade reunirase en sesión ordinaria os días 7 e 22 de cada mes.

Te puede interesar