producción

Arnoia logra un pemento de semilla seleccionada

A plantación experimental do pemento de Arnoia.
photo_camera A plantación experimental do pemento de Arnoia.
As semillas plantadas foron seleccionadas xenéticamente durante un ano polo centro agrobiolóxico de Salceda de Caselas, en Pontevedra

A plantación de 600 metros cadrados de pementos situada no viveiro experimental de Arnoia xa comezou a dar os seus primeiros exemplares, saídos de semillas xenéticamente seleccionadas. O obxectivo do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida do Pemento de A Arnoia é poder acadar este ano entre 5.000 e 6.000 quilos deste produto tradicional do municipio. O viveiro está dotado dun invernadoiro con riego por goteo, e foi creado cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento (Agader), contando coa colaboración do concello. O viveiro púxose en marcha na primavera pasada nunha superficie de 2.000 metros cuadrados na que se utilizaron 600 metros cadrados para a primeira plantación.

As semillas plantadas foron seleccionadas xenéticamente durante un ano polo centro agrobiolóxico de Salceda de Caselas, en Pontevedra, xa que o obxectivo deste proxecto está en estudar a viabilidade económica do produto e mellorar a súa calidade xenética, unha iniciativa que partiu do propio Concello de Arnoia.

Te puede interesar