Arnoia

Arnoia mellora o acceso ás dependencias médicas

Os traballos para a habilitación das salas de enfermería no baixo do Centro de Saúde comezarán en breve

O Centro de Saúde da Arnoia porá á disposición dos veciños na súa planta baixa de tódolos servizos de atención sanitaria, unha vez sexan rematadas as obras de reforma interior do edificio, que levará a cabo o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Deste xeito, as dependencias de enfermería serán trasladadas dende a primeira planta do inmoble, "xa que o ambulatorio carece de ascensor e as persoas con mobilidade reducida tiñan serios problemas para acceder a este servizo polas escaleiras", explica o alcalde, Rodrigo Aparicio.

O rexedor de Arnoia lembra que a solución para esta situación "xa viña sendo reclamada dende hai moitos anos, e agora o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez comprometeuse a executar o proxecto".

Os traballos para a habilitación das salas de enfermería no baixo do Centro de Saúde comezarán en breve, según Rodrigo Aparicio, e suporán un investimento aproximado de 35.000 euros. Así, os veciños do municipio poderán ter acceso directo a este servizo, xunto coas consultas de mediciña xeral e os aseos, mentres os locais baleiros da primeira planta serán adicados a almacén.

Te puede interesar