Arteficial ofrece no casco vello de Ribadavia doce horas de música

Como actividades complementarias aos concertos, ás 12,00 horas abriráse a exposición “Ribadavia a través dos meus ollos”

A 13ª edición do Festival Arteficial ofrece dende o mediodía de hoxe, nas rúas e prazas do conxunto histórico de Ribadavia, máis de 12 horas de música en vivo, onde os barrios da Madalena e da Oliveira acollerán os escenarios de Alhambra, Thunder Bitch, Socias e socios Arteficial e Reboreda. Nesta edición actuarán as bandas galegas Chicarrón, Lois, Dreyma, Meneo, Deva e Isaac Pedrouzo, ademais dos barceloneses Za! e os conxuntos madrileños Ambre e Trajano. O festival tamén achegará bandas internacionais da escena alternativa como La Rueda, que mestura os ritmos ancestrais de Guinea e Colombia con beats electrónicos.

Como actividades complementarias aos concertos, ás 12,00 horas abriráse a exposición “Ribadavia a través dos meus ollos”, que poderá visitarse ó longo de toda a xornada, e, media hora máis tarde será a quenda do Mercado das Sementes e da Zona Gastro e o baile cos Cabezudos de Ribadavia e un obradoiro infantil. Tamén para os máis cativos haberá, ás 19,30 horas, unha actividade infantil chamada “O espírito da muralla”.

Xa que o acceso ó festival é gratuíto, a organización establece por terceiro ano consecutivo unha entrada solidaria e voluntaria que consiste nunha doazón de alimentos non perecedoiros en colaboración coa asamblea comarcal da Cruz Vermella do Ribeiro.

Te puede interesar