O Ribeiro

As asociacións colaboran cunha ampla oferta de Nadal

O Ribeiro

Nadal

As asociacións colaboran cunha ampla oferta de Nadal

O alcalde, César Fernández, no centro, xunto con concelleiros e representantes de distintas entidades: Manoli Rodríguez, Yolanda Gómez, Noelia Rodríguez, Mariluz Expósito, Cristina Martínez, Manuel Araújo y Verónica Araújo.
photo_cameraO alcalde, César Fernández, no centro, xunto con concelleiros e representantes de distintas entidades: Manoli Rodríguez, Yolanda Gómez, Noelia Rodríguez, Mariluz Expósito, Cristina Martínez, Manuel Araújo y Verónica Araújo.
Música, espectáculos, xogos, obradoiros e a carreira popular, son algunhas das actividades

Veciños e visitantes de Ribadavia disfrutarán neste Nadal dun amplio programa de actividades para todos os públicos e con unha especial atención aos máis pequenos e ás medidas de conciliación da vida laboral e familiar. O alcalde, Cesár Fernández, xunto con algúns concelleiros e representantes das entidades e asociacións colaboradoras presentaron onte a variedade de iniciativas de ocio para estas festas, que se inauguran hoxe coa iluminación das rúas e prazas.

 O programa inclúe este ano novidades coma un Roteiro de Música Tradicional e Panxoliñas, que fará chegar o ambiente festivo ás diferentes localidades do concello e tamén destaca unha Escola de Nadal, levada a cabo en colaboración co espazo educativo Bolboretas e con Estudio Arte, que se celebrará entre os días 23 de decembro e 3 de xaneiro , e na que haberá cine, festa, obradoiros e execursións a Perlim e Pazolandia. A escola conta con 50 plazas para nenos entre 3 e 14 anos e ten un prezo de 30 euros para as familias empadroadas en Ribadavia. 

Un ano máis o polideportivo acollerá o Ribanadal, entre os días 23 e 31 de decembro; e para os amantes da música unha escola musical organizada por A Lira de Ribadavia.

Outra actividade consiste nun festival de maxia (Fest Max), os días 6 e 7 decembro, na igrexa da Madalena, ademais de concertos; cine infantil; teatro a cargo de Teatro do Vilar; o Ciclo de humor "Viño e Risas" (con Luis Zahera e Carlos Blanco); o Mercadillo de Nadal organizado polos Establecementos Asociados do Ribeiro os días 21 e 22 de decembro, na Praza Buxán e a igrexa da Madalena; os obradoiros de introdución á impresión 3D, de cine de animación e de "Minecraft"; a  Carreira Pedestre Popular, que se celebrará o 22 de decembro, e a tradicional Cabalgata de Reis, completan a oferta de actividades e espectáculos para estas festas do Nadal en Ribadavia.



As empresas locais tamén participan na organización

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que "nesta ocasión dende o concello apostamos por levar a cabo todas as actividades do Nadal con empresas de Ribadavia como Bolboretas, Estudio Arte, OcioAvia e Pintamonas e ademais buscamos a colaboración activa de colectivos e asociacións locais como Amechir, A Lira de Ribadavia, Teatro do Vilar, Establecementos

Asociados do Ribeiro, A Chairiña, Cruz Vermella, Lóstrego, As Lajartas, Mulleres Rurais, os Magos do Ribeiro e moitos outros colectivos veciñais aos cales estamos profundamente agradecidos pola súa colaboración". E engade: "Agardamos que este programa de actividades, o alumeado e a decoración navideña sexan do agrado de toda a veciñanza".