AUDIOVISUAL

Audivisuais de cineastas vascos no Museo Etnolóxico

A actividade está organizada pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, en colaboración coa asociación Arteficial e o Museo Etnolóxico

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ten prevista a proxección dos traballos audiovisuais da cooperativa de artistas e cineastas do País Vasco Tractora Coop. Esta actividade será o próximo sábado, e ademais das proxeccións, tamén haberá conversa cos socios da cooperativa.

A actividade está organizada pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, en colaboración coa asociación Arteficial e o Museo Etnolóxico.

Haberá sesións pola mañá, a partires das 12,00 horas, coa presentación e audición dun libro, e pola tarde desde as 16,30 horas, rematando ás 19,30 co encontro cos membros de Tractora Coop: Ainara Elgoibar, Gerard Ortín, Vicente Vázquez e Usue Arrieta.

Os organizadores invitan a participar nesta actividade que é de entrada libre, nas instalacións do museo. 

Te puede interesar