FORMACIÓN

A aula Cemit de Castrelo de Miño ofrece este enero cursos para os máis pequenos

Un dos cursos ten que ver coa creación e posterior utilización do correo electrónico por parte dos rapaces.

A aula de informática Cemit (Info) de Castrelo de Miño dedicará este mes de xaneiro ao desenvolvemento de cursos dirixidos aos máis pequenos do municipio. O inicio dos cursos está previsto para o próximo xoves, 9 de xaneiro, e impartiranse en horario de 16,00 a 18,00 horas, de luns a xoves, cada semana durante todo este mes.

Un dos cursos ten que ver coa creación e posterior utilización do correo electrónico por parte dos rapaces.

O outro curso tamén dirixido a eles, pero nun segundo nivel, será de práctica de mecanografía.

Todos os interesados en asistir a este curso de informática poden dirixirse ao propio centro Info ou chamando ao teléfono 988/49 30 00, de luns a venres, para apuntarse.

A aula de informática de Castrelo de Miño desenvolve ao longo do ano numerosos e diversos cursos de formación dirixidos a nenos e tamén para adultos en distintos niveles.

Te puede interesar