Os Bacelos de Prata recoñecen a catro empresas e entidades

uploaded_ulloa_resultado
photo_camera O Pazo Ulloa acollerá o acto de entrega dos premios Bacelos de Prata.
Adega Solaina Minei, Queixerías Bama, Pan de Cea e a Evega recibirán os premios o 21 de decembro

O xurado da XllI edición dos premios Bacelos de Prata, que concede a Asociación Á1varo das Casas ás empresas que etiquetan os seus productos en lingua galega, elexiu este ano a adega Solaina Minei, ubicada en Castrelo de Miño, que recuperou un espazo vitícola prácticamente abandonado, dividido en varios centos de parcelas, converténdoo nunha única viña de ao rredor de 30 hectáreas, a máis grande do Ribeiro. Segundo o xurado, a empresa conxuga o labor asociativo e a difusión da imaxe corporativa da súa marca "Nove Queipos", elaborado maioritariamente con variedades autóctonas godello e treixadura, sousón e brancellao, utilizando únicamente a liugua galega na súa etiquetaxe. 

Tamén resultou premiada Queixerías Bama, do concello de Touro (A Coruña), que iniciou a súa andaina hai máis dc 30 anos dun xeito tradicional e familiar ata converterse nunha das queixerías máis importantes de Galicia. Os distintos queixos que elabora teñen conseguido distincións pola súa calidade e desde sempre, a empresa ten apostado polo uso da lingua galega como valor engadido ao produto.

O xurado tamén acordou facer dúas mencións honorificas por considerar que o seu traballo e produtos de calidade reforzan a identidade galega. Trátase da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia desde o 2004, protexe un xeito de elaborar pan de grande calidade cunhas propiedades ben definidas que lle dan unha personalidade diferenciada; e tamén a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), que ten como finalidade a mellora da calidade dos viños galegos, a prevención e control de enfermidades da vide así como a recuperación das distintas variedades autóctonas.

Os premios entregaranse o 21 de decembro, no Pazo Ulloa de Esposende (Cenlle).

Te puede interesar