O RIBEIRO

Besteiro: "O sector do viño é indispensable para Galicia"

27.11.15.RIBADAVIA.COPERATIVA VITIVINICOLA.VISITA DE GOMEZ BESTEIRO.
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

Nunha visita a unha cooperativa vitivinícola en Ribadavia, o secretario xeral socialista defendeu a idea de innovar no proceso productivo e combinalo co turismo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou este venres que se asinen contratos homologados no sector do viño, que permitan mellorar as condicións nas que traballan os viticultores.

Nunha visita a unha cooperativa vitivinícola de O Ribeiro, en Ribadavia , Besteiro fixo fincapé en que o sector do viño é "un sector produtivo indispensable" para Galicia, pois ademais do aspecto económico garda relación coa despoboación e o envellecemento do rural e coa crise demográfica.

Así é que puxo o foco na importancia de "mellorar as condicións dos viticultores a través dos contratos homologados e coa implantación da figura do mediador. "Hai que darlles seguridade para que a produción sexa sostible", defendeu.

Ao fío diso, demandou que Galicia ten que "aproveitar os fondos europeos" para favorecer a innovación en todo o proceso produtivo e a súa combinación co turismo. Neste punto, lamentou que Galicia é a "segunda comunidade pola cola" por execución de diñeiro comunitario.

Finalmente, o xefe de filas do PSdeG recordou que o próximo 20 de decembro os españois terán que elixir entre que "as cousas sigan igual" ou "cambiar" da man de Pedro Sánchez.

Te puede interesar