Política local

O BNG apoia á edil obxecto dun ataque machista en Ribadavia

O grupo municipal do BNG de Ribadavia súmase ás mostras de apoio e de solidaridade coa concelleira socialista, Noelia Rodríguez, proposta polo PSOE e Ribeiro en Común a ser alcaldesa a partir do vindeiro 23 de febreiro, a raíz do ataque "machista" contra a súa persoa nas redes sociais.

Unha persoa con falso perfil publicou unha fotografía persoal da concelleira, alusiva a súa condición de muller. Os socialistas mostraron o rexeitamento xeneralizado ao que se sumou o alcalde de Ribadavia e grupo de goberno.

"Non todo vale contra quen non pensa coma un. Condenamos enerxicamente todo intento de degradar a calquera persoa. Este tipo de actitudes non representan á veciñanza de Ribadavia", apunta o BNG.

Te puede interesar