Política

O BNG aposta pola rehabilitación de vivendas en Castrelo do Miño

Noa Presas, durante su encuentro con vecinos de Castrelo de Miño.
photo_camera Noa Presas, durante o encontro con veciños de Castrelo de Miño.
O BNG destacou a importancia dunha política de fomento da conservación e rehabilitación integral de vivendas no medio rural que sirva para potenciar o acceso a vivendas dignas

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, mantivo un encontro cos veciños de Castrelo do Miño, acompañada polo alcalde deste municipio, Esteban Suárez. Alí, comprometeuse a levar a cabo unha política de fomento da conservación e rehabilitación integral de vivendas no medio rural que sirva para potenciar o acceso a vivendas dignas. 

Tamén sinalou que a partir do 12 de xullo a cooperación sexa a forma de traballar cos concellos galegos e referiuse a buscar unha saída, entre outros problemas, a cuestións tan importantes coma o saneamento da auga. Nese sentido, Noa Presas mostrou o seu compromiso para cooperar e poñer punto e final aos recorrentes problemas de arsénico mediante un macro bombeo a través de Augas de Galiza.

Desde o BNG afirman que están a percibir unha boa acollida na precampaña e as enquisas como a do CIS indican dúas cuestións moi claras: "O BNG segue medrando e sumando e Ana Pontón é a líder política preferida para ser presidenta polos votantes que queren cambio" afirmaron desde a organización nacionalista. 

"Cun goberno galego liderado polo BNG será prioridade impulsar o potencial vitivinícola do Ribeiro, garantir a prestación dos servizos públicos no rural e reivindicaremos que as bacías hidrográficas sexan transferidas a Galiza para acabar por fin cos problemas de navegabilidade do Miño" concluíu a candidata do BNG. 

Te puede interesar