O BNG de Cenlle reclama unha rede de fibra óptica eficiente

O grupo municipal do BNG en Cenlle asegura que a rede de fibra óptica que está empezando a funcionar en algunhas localidades está provocando queixas dos veciños por o servizo "deficiente, lento e que incluso carecen de conexión", sinala. Os nacionalistas lembran que unha moción presentada polo seu grupo e aprobada en pleno propiciou a implantación  dunha rede de fibra óptica no termo municipal, pero que "a liña aínda non da cobertura a tódolos núcleos que nos gustaría", matizan.

Desde o BNG de Cenlle manifestan que "os acordos do pleno deben facerse, e facerse ben. Ter unha rede de internet hoxe en día é esencial, debido a que nisto radica un dos principais atractivos para modernizar o rural, xa que é un gran proveedor de servizos que ademais da a oportunidade de xerar postos de traballo".

Te puede interesar