Concello

O BNG defende a legalidade do bus municipal en Castrelo

Ante o anuncio do goberno "popular" de Castrelo de Miño de que emprenderá medidas legais polo funcionamento do autobús municipal sin autorización co anterior equipo nacionalista, o BNG responde que o servizo de transporte conta con ordenanza municipal reguladora e ten autorización de Transportes da Xunta de Galicia.

"En 9 anos ininterrumpidos de servizo non se produciu nin un só percance na prestación, nin se recibiu nin unha soa reclamación de ningún usuario nin de ningunha empresa de transportes", sinala.

E engade que "a eliminación deste servizo atenta fundamentalmente contra as mulleres maiores do noso concello", que segundo asegura o BNG son as principais usuarias.

Te puede interesar