OBRAS

O BNG de Leiro apoia o arranxo do Balneario de Berán

O novo balneario de Berán (XESÚS FARIÑAS).
photo_camera O novo balneario de Berán (XESÚS FARIÑAS).
Os nacionalistas reclaman a participación na redacción das bases de adxudicación da explotación

O BNG de Leiro manifesta o seu apoio ao proxecto da Deputación para arranxar o deterioro do Balneario de Berán cunha inversión de 400.000 euros. "Entendemos que o arranxo das novas instalacións balnearias son unha boa nova para a dinamización da nosa economía local e que despois de tantos anos de confrontacións estériles, é unha noticia moi positiva a apertura das mesmas. 

Ademais, tamén afirma este grupo da oposición de Leiro que non entende "por que se tivo que esperar ata o ano 2019 para o anuncio de esta financiación. Gustaríanos pensar que a proximidade das eleccións autonómicas, non ten nada que ver con esta decisión".

Os nacionalistas anuncian que fiscalizarán as condicións propostas a calquera empresa interesada na concesión e que demandarán a participación na redacción do pliego de esixencias para a adxudicación, "asegurando que non se regale a explotación das nosas augas a empresas amigas a cambio de favores políticos", matiza.

Tamén reclamará á empresa concesionaria o arranxo e mantemento das vellas instalacións balnearias e, finalmente, apunta  que se non hai ningún grupo que cumpra as cláusulas establecidas no pliego de condicións acordado, sexa a propia Entidade Menor de Berán quen explote o novo balneario de forma directa.

Te puede interesar