O BNG de Leiro denuncia "os constantes" cortes de luz

As averías lévanse producindo nos últimos meses

O grupo municipal do BNG no Concello de Leiro denunciou onte mediante un comunicado "os constantes cortes de luz que están sufrindo os veciños" do núcleo principal do municipio "nos últimos meses". Indica a formación nacionalista que no pleno do mes de febreiro pediron ao alcalde "que contactase coa empresa encargada do abastecemento e que pedise explicacións sobre esta situación". 

Sin embargo, as averías continúan, por iso o grupo volve "a reclamar ao equipo de goberno que pida explicacións para que este problema se resolva de forma inmediata". No comunicado o Bloque di entender "que o concello ten que asegurar a subministración da electricidade a todos os fogares dunha forma estábel e  de calidade", pero tamén advirten que "non é admisíble que neste mes, por dúas veces, varios barrios do núcleo urbano estivesen sen luz durante máis de 12 horas". 

Te puede interesar