La Región

POLÍTICA LOCAL

O BNG pide ao PSOE e Ribeiro en Común un acordo para gobernar

De momento, non hai acordo porque Ribeiro en Común rexeita que Ignacio Gómez sexa de novo alcalde.

O BNG pide ao PSOE e Ribeiro en Común un acordo para gobernar

A asemblea local do BNG de Ribadavia insta ao PSOE e Riberio en Común a chegar a un acordo de goberno para os próximos catro anos. Sinalan os nacionalistas que os sete concelleiros que suman as dúas formacións "son suficientes para que poidan desenvolver o programa de goberno progresista que ambos nos manifestaron querer levar a cabo".

Engade que se dito acordo se produce, o BNG estudarao e está disposto a votar favorablemente a investidura o próximo día 15, así como a apoiar todas aquelas accións que neste novo mandato sexan boas.

"Non valen máis excusas. Demandamos racionalidade, respecto ás demais candidaturas e evitar a crispación, pois demostran o verdadeiro amor e desexo de ben por Ribadavia", manifesta o BNG, que terá a Maite Rodríguez como representante na futura corporación. 

De momento, non hai acordo porque Ribeiro en Común rexeita que Ignacio Gómez sexa de novo alcalde.


Posición do PP


A falta de acordo entre PSOE e Ribeiro en Común levou ao PP, en calidade de forza máis votada, a asumir o reto de gobernar en minoría. O candidato popular, César Fernández, avanzou a súa disposición, "tras comprobar que non podemos contar con ningún grupo político para estrablecer un pacto estable de lexislatura".