O BNG pide máis atención para o asilo e a vila de Prexigueiro

Este grupo da oposición reprocha ao alcalde de ribadavia que non convoque os padroados

O grupo municipal do BNG de Ribadavia afirma que despois de catro meses do actual mandato municipal, "o alcalde aínda non convocou ao órgano colexiado que rexe as fundacións participadas polo concello. Só no caso da fundación Nosa Señora dos Anxos, que xestiona o asilo de San Domingos se procedeu a súa constitución formal durante o pasado verán, sen poder tratar máis asuntos nin recibir os seus membros información sobre a súa situación. No caso da Fundación Vila Balnearia de Prexigueiro nin sequera iso".

O BNG, representado en ambos padroados por Maite Rodríguez, considera ambas fundacións da maior importancia para Ribadavia e en relación ao asilo sinala que "agora é absolutamente necesario que dispoña de instalacións renovadas onde prestar os seus servizos con viabilidade económica e nas mellores condicións para traballadores de residentes". E sobre Prexigueiro apunta a necesidade de melloras no abastecemento de auga, nos camiños e a apertura de pistas.

Te puede interesar