O BNG pide retirar competencias a dous ediles de Castrelo de Miño

O BNG de Castrelo de Miño presentou un recurso extraordinario de revisión do pleno de organización do 31 de agosto, solicitándolle á secretaria municipal que inste ao actual goberno a cumprir a lei dada a última sentenza do Tribunal Supremo onde clarifica no artigo 73.3.3 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local que os concelleiros declarados tránsfugas polo partido polo cal foron electos, e estando no grupo de non adscritos, non poden ver mellorada a súa condición de concelleiros con respecto a cando estaban na formación orixinaria. "Non poden formar parte do goberno municipal nin percibir por elo adicación algunha", sinala o BNG.

Por ise motivo, o BNG de Castrelo de Miño esíxelle ao alcalde que cese inmediatamente ao primeiro e ao terceiro tenentes de alcalde e que lles retire cantas concellerías lles asignou, así como as representacións en órganos colexiados e asistencia a xuntas de goberno locais.

As adicacións percibidas polo terceiro tenente de alcalde, ou polo cobro da asistencia a xuntas de goberno local por parte do primeiro tenente de alcalde, "deberán ser devoltas ao concello esas cantidades, por ser nulo de pleno dereito o pleno de organización feito o 31 de agosto", engaden os nacionalistas.

El alcalde de Castrelo, Avelino Pazos, por su parte, subraya que "o pleno do 31 de agosto seguiu todos os cauces legais e reglamentarios que marcan as normas e as leis, e así diu fe a secretaria do concello".

Te puede interesar