Política local

O BNG pide á Xunta a paralización dos proxectos eólicos

Representantes do BNG, na serra do Suído.
photo_camera Representantes do BNG, na serra do Suído.
Os nacionalistas inician a presentación de mocións nos concellos para protexer a serra do Suído

O BNG inicia a presentación de mocións nos concellos afectados a prol da protección e o desenvolvemento sustentábel da serra do Suído. Trátase dos municipio de A Lama, Avión, Beariz, Covelo, Fornelos e Mondariz . Desde a formación nacionalista, advirten que nos últimos meses, a Xunta de Galicia está a tramitar 16 parques eólicos na Serra do Suído, no Alto Tea e no Faro de Avión "e cuio proceso de tramitación estase desenvolvendo con falta de transparencia e con graves limitacións ao dereito de información e participación pública debido ás restriccións derivadas da pandemia.", segundo sinalan.

A través da moción piden á Xunta a paralización cautelar de todos os parques éolicos en proxecto ou en tramitación, co obxecto de evitar os graves impactos negativos na contorna e o risco de destrución irreversíbel de hábitas de interese prioritario da serra do Suído e do Alto Tea. Tamén a apertura dun proceso de información e de participación que permita coñecer os proxectos de industrialización do monte, así como a declaración da serra do Suído como Lugar de Interese Comunitario e a integración na Rede Natura 2000. E, ademais, a declaración como Reservas naturais fluviais das nacentes e das bacías dos ríos Avia, Tea, Oitavén e Verdugo, coa finalidade de garantir as súas funcións de preservación da biodiversidade, entre outras propostas.

Te puede interesar