Provincia

O BNG pregunta pola situación sanitaria en Castrelo de Miño

Os deputados do BNG, Noa Presas, María González, Iago Tabarés, Iria Carreira e Montserrat Prado, preguntan no Parlamento sobre a situación xerada na vivenda comunitaria de Castrelo de Miño por mor da pandemia da covid-19 e as medidas tomadas por parte da Xunta de Galiza. 

Os nacionalistas sinalan que pretenden comprobar que os pasos dados por todas as administracións foron os correctos, "pois resulta alarmante que ao mesmo tempo que se dan estas circunstancias, a única información por parte do Concello sexa referente a arranxos menores de rúas no lugar de facilitar información sobre un asunto que afecta a vidas humanas e que preocupa ao conxunto da poboación de Castrelo, por solidariedade veciñal e por estaren moitas persoas vinculadas aos residentes ou ás traballadoras do centro", segundo sinalan os deputados.

Te puede interesar