O BNG propón embelecer as rúas de Leiro con grafitis

Propoñen embelecer os edificios abandonados para promocionar turísticamente o Concello

O BNG de Leiro propón ao pleno o embelecemento das rúas con debuxos de arte urbano en edificios abandonados para promocionar turísticamente o Concello. Para elo, insta a facer un catálogo de muros de cemento que sirvan para desenvolver os deseños e para elo falar cos propietarios co obxectivo de pedir a súa cesión "para a elaboración de grafitis de alta calidade que embelezan o edificio. Cada propietario debe comprometerse a non manipular as creacións durante un mínimo de cinco anos", matizan os nacionalistas na moción que presentan no Concello para debatir nun próximo pleno.

Así mesmo, este grupo da oposición propón facer unha convocatoria ou concurso na que se presenten diferentes deseños e que se escollan os mellores mediante un xurado. Nese sentido, opina que se debe valorar unha temática relacionada fundamentalmente coas costumes do municipio. 

E tamén, considera o BNG que como parte do programa da festa da vendima, pódese incluir un festival de grafitis, no que os creadores fagan os seus deseños en público. Finalmente, sinala que será importante para o municipio a divulgación destas creacións nas redes sociais do Concello.

Te puede interesar