INFRAESTRUTURAS

O BNG de Leiro reclama o arranxo dun muro no vial OU-307

Pedras desprendidas na estrada de Leiro a Berán
photo_camera Pedras desprendidas na estrada de Leiro a Berán

O grupo municipal do BNG en Leiro presentou un escrito no concello co obxectivo de que se arranxen os desprendementos de pedras na estrada OU-307. O portavoz, Xacobe González, sinala que durante o temporal do pasado mes de decembro de 2019 as fortes choivas provocaron a caída de varios muros no municipio. No caso da estrada OU-307, que une Leiro con Berán, "hai un gran número de pedras acumuladas na cuneta desde hai case dous meses", matiza o edil.

Por ese motivo, despois de comunicarllo ao alcalde, Francisco José Fernández, no transcurso do pleno que tivo lugar no pasado mes de xaneiro, o BNG presenta agora un escrito pedindo ao alcalde que reclame á Deputación de Ourense, titular do vial, a limpeza do acceso, porque estas pedras "están supondo un perigo para a seguridade dos usuarios que empregan esta estrada diariamente".

Este grupo da oposición teme que se non se acondiciona este tramo poida haber máis desprendementos o que podería provocar algún accidente.

Te puede interesar