O BNG reclama máis medios de apoio e nova sede para o GES

O grupo municipal do BNG de Ribadavia considera que os Grupos de Emergencias Supramunicipales (GES) atenden un ámbito territorial “totalmente descompensado”. Cos mesmos medios humanos e económicos, engaden os nacionalistas que o GES de Ribadavia ten que prestar servizo en 11 concellos cunha poboación de case 20.000 habitentes, mentres que outros grupos teñen asignados 3 concellos que non chegan a sumar 5.000 habitantes.

O BNG afirma que os 11 concellos aos que vai ter que prestar servizo o GES de Ribadavia supoñen potencialmente un gran número de emerxencias e dispositivos a realizar: numerosas vías de comunicación, diversos riscos naturais, actividades e eventos ao longo do ano, entre outros.

Segundo opina, “o convenio só foi asinado polo de agora pola Deputación de Ourense e pode que existan conflitos laborais polas tarefas de prevención de incendios que se encomenda neste convenio ao persoal dos GES. En resumo, unhas condicións que supoñen maior carga de traballo e responsabilidade para o noso GES pero cos mesmos medios cos demais”. Sinala, tamén que “o único elemento positivo é o incremento de persoal do servizo”, pasa de 10 a 12 compoñentes, pero que “van seguir ocupando unhas instalacións insuficientes e sen que no convenio se recolla un plan de apoio”

Te puede interesar