O BNG reclama o mantemento dos servizos básicos financeiros en Ribadavia

O grupo municipal do BNG de Ribadavia defenderá no próximo pleno unha moción na que insta á Corporación a apoiar as reivindicacións dos traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego. Tamén propón pedir á Xunta de Galicia que desenvolva as actuacións necesarias para evitar a deslocalización de servizos e a perda de postos de traballo no sector; e ademais instar ao Goberno central a impulsar unha regulación do sector bancario que evite os perigos da concentración e centralización e asegure o acceso da cidadanía ós servizos financeiros.

Te puede interesar