politica

O BNG reclama melloras para a veciñanza de Santo André

Cableado aéreo nas inmediacións do Museo do Viño.
photo_camera Cableado aéreo nas inmediacións do Museo do Viño.
O grupo do BNG demanda un plan de mellora da contorna urbanística do inmoble, "con cables sen soterrar, rúas parcheadas e contedores de lixo á entrada do propio museo"

O grupo municipal do BNG de Ribadavia vén de presentar un escrito dirixido ó equipo de goberno do Concello no que formula unha serie de preguntas sobre a xuntanza mantida polo alcalde, César Fernández, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Concretamente, a portavoz nacionalista na Corporación, Maite Rodríguez, desexa saber o motivo "polo que o Museo do Viño de Galicia, ubicado na parroquia de Santo André, non foi inaugurado no mes de xaneiro, cando xa estaba rematado". Ó respecto, dende o BNG suliñan que "cecais o presidente da Xunta estaba á espera de que o PP voltase ocupar a alcaldía de Ribadavia".

Por outra banda, a concelleira Maite Rodríguez lembra que "os veciños de Santo André hai 30 anos cederon gratuitamente os terreos nos que se construíu a estrada de acceso á reitoral, edificio que puido ser restaurado e acondicionado para o museo". Engade que "foi a veciñanza quen lle seguiu a dar algún uso á reitoral como local electoral, de reunións e celebracións veciñais". Por iste motivo, o BNG demanda un plan de mellora da contorna urbanística do inmoble, "na que poden verse cables sen soterrar, rúas parcheadas e mal pavimentadas e contedores de lixo amoreados á entrada pública do propio museo".

Por parte do alcalde respostóuselle ó grupo nacionalista que nestes intres estáse a traballar coa Xunta para a creación dun aparcadoiro público para vehículos nos accesos ó museo, tal e como confirmou o propio presidente da Xunta o pasado venres.

Te puede interesar